Axudas para o ensino e o transporte. Curso 2021/22

Data presentación
Data presentación fin
Arquivos

O BOP número 203 do 25 de outubro publica as Bases reguladoras da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Teo, curso 2021/2022. 

Consulta aquí as bases completas.

Anexo I e Anexo II

Obxecto da convocatoria.

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Teo para a concesión de bolsas de estudo para os gastos de material escolar, (poden incluirse como material escolar, instrumentos musicais solicitados polos centros), libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos.

Destinatarios/as e requisitos.

Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos: 

  • Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda: PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, A Igrexa-Calo e CRA de Teo). ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña e alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de ESO que non exista nos centros anteriores. FP OU PCPI: calquera centro público. BACHARELATO: IES de Cacheiras, IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores. UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega.ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: Calquera centro galego.
  • O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de ensino de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.
  • Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base sexta da presente convocatoria.
  • Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente economicamente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente economicamente. Consideraranse fillos dependentes economicamente os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2021. 
  • Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2021/2022 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO).
  • Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
  • As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores, e no caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios.
  • Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte os estudantes dos centros situados fóra da área de transporte metropolitano de Santiago. Alumnado de: o Formación Profesional. o PCPI. o Universitarios. o Alumnado de Bacharelato. o Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.

Consulta as bases completas para ver a documentación que debes achegar xunto coa solicitude. 

Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

  • A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (dispoñible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. Dado que a publicación no BOP se fixo o 25 de outubro o prazo estenderase do 26 de outubro ao 24 de novembro de 2021, ambos incluídos. 

​​​​​​​Publicado en teo.gal o 25 de outubro de 2021.