O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
PARTICIPANTES:
Crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo e por orde de inscrición.
HORARIO:
Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas.
Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas.
LUGAR:
CEIP de Tilos, de Calo e da Ramallosa.
IMPORTANTE: O Concello resérvase o dereito de realizar as actividades en dous centros e incluso nun único, se despois do prazo de inscrición, non se chega á ratio mínima de participantes nalgún destes.
DATAS: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (10 días).
INSCRICIÓN: do 2 ao 13 de novembro.
documentación obrigatoria para todas as solicitudes:
Folla de inscrición.
Foto tamaño carné da crianza.
Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.
Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada (de ser o caso).
Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda a custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).
documentación obrigatoria para acceder ás bonificacións:
Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).
Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
Xustificación do acollemento (de ser o caso).
Declaracións da renda do exercicio 2025 ou certificado negativo relativo da obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.
LISTAXE PROVISIONAL: 18 de novembro na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
identificación das participantes nas listaxes:
No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/26. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. 1010/26-1).
No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/26. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. RT1010/26-1).
PAGAMENTO: do 19 de novembro ao 4 de decembro.
Remitirase polo Concello, a través de correo electrónico, o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento ten varias opcións:
Realizar o pago de forma presencial en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático).
En caso de ser cliente de Abanca, tamén pode realizar o pago na banca electrónica da propia Abanca no apartado de pago de recibos.
Ou ben pagar a través da Oficina virtual tributaria (https://ovtteo.dacoruna.gal/ga/) no apartado de “pagar” o que lle dirixirá a pasarela de pagos de Abanca. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para o pago, en caso de non ser cliente de Abanca, deberá marcar o apartado "mediante a pasarela de Ceca".
LISTAXE DEFINITIVA: 11 de decembro na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
PREZO DIARIO:
Cada programa págase completo, NON por días soltos.
A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8,50 € diarios.
A utilización do servizo completo sen xantar serán 5,50 € ao día.
A utilización do servizo, sen comedor (só atención educativa), será de 5,00 € por día.
A utilización do servizo completo serán 9,00 € por día.
EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS:
As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 62, do 6 de abril de 2026).
IMPORTANTE:
NO CASO DE NON REALIZAR A INSCRICIÓN E O PAGAMENTO NO TEMPO E NA FORMA ESTABLECIDOS,
A RESERVA DE PRAZA NON SERÁ EFECTIVA.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| FICHA INSCRICION DIVERTEO NADAL 2026.pdf | 211.28 KB |