O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Selección proxecto Valórate

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

RESULTADO SELECCIÓN PROXECTO VALÓRATE

Publícase o resultado da fase de oposición do proceso selectivo para o proxecto Valórate e faise a proposta de contratación de dúas persoas como operarias de limpeza. 

Podes consultar aquí o resultado e a proposta

Publicado en teo.gal o 17 de setembro de 2021. 

BAREMACIÓN MÉRITOS

Publícase a baremación de méritos do proceso selectivo para o proxecto "Valórate"

Consulta aquí o resultado da baremación

O tribunal empraza ás persoas aspirantes, para a realización da proba práctica, na aula de informática do Concello de Teo, ubicada no Auditorio Municipal Constante Liste, rúa da Lagoa nº 2, o venres 17 de setembro, ás 10:00 horas. Lémbraselles que teñen que vir acompañados do documento de identidade. 

Publicado en teo.gal o 15 de setembro de 2021. 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación de 2 operarios de limpeza para executar o programa Valórate no Concello de Teo. 

Consulta aquí o listado completo. 

O tribunal reunirase na Casa Consistorial o mércores 15 de setembro de 2021 ás 12:00 horas para a baremación de méritos. 

Publicado en teo.gal o 14 de setembro de 2021.