O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Actividade solidaria en Teo co fin de recadar fondos e alimentos para os animais da asociación Abeiro

| compartir:

O Concello participa, xunto coa asociación Abeiro e a empresa BeOne Teo, na programación dunha sesión solidaria de ioga nas instalacións do ximnasio da Ramallosa. O obxectivo é recadar fondos para contribuír ao sostemento das actividades da asociación Abeiro, ubicada no propio municipio teense, e recoller alimentos para os animais que están baixo o coidado desta entidade. Será o vindeiro sábado, 14 de novembro.

Desta forma, ademais de sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da protección e do benestar animal, tamén se promoven hábitos de vida saudable mediante a práctica do ioga, cuxa clase será impartida por unha profesora experta na materia.

Dende fai anos, o Concello de Teo vén demostrando a súa especial sensibilidade de cara ao benestar animal, promovendo o cumprimento da normativa vixente nesta materia e apoiando e maneira continuada as iniciativas impulsadas por entidades e colectivos comprometidos coa protección dos animais. 

 

FOTO