O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As presentes bases teñen por finalidade regular o procedemento de concesión de premios á excelencia deportiva destinados a apoiar ás persoas deportistas galegas de Alto Nivel empadroadas no Concello de Teo, que participaron en competicións deportivas oficiais de categoría absoluta de ámbito mundial, europeo e/ou estatal no ano 2025, que acrediten os requisitos administrativos e deportivos que se desenvolven nas presentes bases.
Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
· Ser maior de 16 anos e menor de 40 na data do último día de prazo de presentación de solicitudes.
· Estar empadroada no concello de Teo polo menos dende o 1 de xaneiro de 2023.
· Ter en vigor o recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte, como persoa DEPORTISTA GALEGA DE ALTO NIVEL (DAN Galicia), no momento da publicación destas bases.
· Ter licenza deportiva vixente nunha especialidade deportiva competitiva de carácter individual, expedida por unha federación deportiva recoñecida pola Administración Deportiva Autonómica de Galicia e/ou polo Consello Superior de Deportes.
· Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.
O orzamento máximo autorizado para esta convocatoria ascende a cantidade de 10.000 euros con cargo á partida 340/480.00 do orzamento de 2026.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 15 días hábiles, a partir do día seguinte da publicación do anuncio das presentes bases no BOP.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| BOP 14.10.2026.pdf | 124.81 KB |
| SOLICITUDE PREMIOS Á EXCELENCIA DEPORTIVA 2026.pdf | 94.82 KB |