O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Praza de técnico/a de xestión económica e tesourería. Promoción interna.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

ANUNCIO DE NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO DE CARREIRA

Publícase no DOG número 34 do 18 de febreiro o anuncio do nomeamento como funcionario de carreira, pola quenda de promoción interna, a Diego Rodríguez Porto, con DNI nº ***0074**, para prover unha (1) praza de técnico de xestión económica e tesouraría.

Publicado en teo.gal o 18 de febreiro de 2022. 

Publícase no BOP número 12 do 19 de xaneiro de 2022 o nomeamento como funcionario de carreira, pola quenda de promoción interna, a Diego Rodríguez Porto, con DNI nº *****749S, para prover unha (1) praza de técnico de xestión económica e tesouraría.

Consulta aquí o anuncio completo.

Publicado en teo.gal o 19 de xaneiro de 2022.

RESOLUCIÓN DE NOMEAMENTO

Publícase a resolución pola que se nomea como funcionario de carreira, pola quenda de promoción interna, a Diego Rodríguez Porto, con DNI nº *****749S, para prover unha (1) praza de técnico de xestión económica e tesouraría.

Consulta aquí a resolución completa.

Publicado en teo.gal o 14 de xaneiro de 2022.

RESULTADO PRIMEIRO EXERCICIO E DATA DO SEGUNDO

Publícase o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición no proceso para cubrir unha praza de técnico/a de xestión económica e tesourería por promoción interna.

Consulta aquí o resultado do primeiro exercicio

Convócase ao aspirante para a realización do segundo exercicio da fase de oposición que terá lugar o vindeiro día 28 de decembro de 2021 na Casa Consistorial e reunirse o Tribunal ás 12:30 h. do citado día 28 de decembro, para acordar o exame que se realizará ao aspirante segundo o previsto nas bases
que rexen a convocatoria, exame que se realizará ás 13:30 h . do citado día 28 de decembro
.

Publicado en teo.gal o 23 de decembro de 2021.

BAREMACIÓN E DATA DE EXAME

Publícase a acta da 1ª sesión do tribunal para a selección de persoal laboral fixo/a, para cubrir unha praza de técnico/a de xestión económica e tesourería, funcionario de carreira do Cocnello de Teo. 

Consulta aquí a acta completa

Publícanse as puntuacións no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, outorgando un prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación a fin da presentación de reclamacións, no caso de que o aspirante o considere oportuno.

Convócase ó aspirante para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que terá lugar o vindeiro día 16 de decembro ás 10:00 h. na Casa Consistorial e reunirse ás 08:30 h. do citado día 16 de decembro, para acordar o exame que se realizará ao aspirante segundo o previsto nas bases que rexen a convocatoria e que se realizará as 10:00 h. do citado día 16 de decembro.

Publicado en teo.gal o 5 de novembro de 2021. 

LISTA DEFINITIVA

Publícase a aprobación da lista definitiva de persoas aspirantes admitidas do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de técnico/a de xestión económica e Tesouraría, funcionario/a de carreira, correspondente á Oferta de emprego público de 2019.

Consulta aquí a lista definitiva

Convócase aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 28 de outubro de 2021 ás 09.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.

Publicado en teo.gal o 25 de outubro de 2021

LISTA PROVISIONAL

Publícase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de técnico/a de xestión económica e tesourería. 

Consulta aquí a lista provisional. 

Ábrese un prazo de reclamacións que vai dende o 6 ao 20 de outubro, ambos incluídos. 

Publicado en teo.gal o 5 de outubro de 2021. 

ANUNCIO NO BOE DO 4 DE SETEMBRO

Publícase no BOE 212 do 4 de setembro a resolución para a provisión dunha praza de técnico/a de xestión económica e tesourería, mediante o sistema de concurso oposición, en quenda de promoción interna.

Consulta aquí o anuncio completo do BOE

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicaicón da resolución no BOE. Deste xeito o prazo esténdese do luns día 6 de setembro ao venres 1 de outubro.

Publicado en teo.gal o 6 de setembro

ANUNCIO NO DOG DO 24 DE AGOSTO 

Publícase no DOG número 162 do 24 de agosto o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha praza de técnico/a de Xestión Económica e Tesouraría, funcionario/a de carreira, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Publicado en teo.gal o 24 de agosto de 2021. 

Publícase no BOP nº 136 do 21 de xullo de 2021 o anuncio da convocatoria e bases do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de técnico/a de xestión económica e tesouraría, funcionario de carreira, correspondente á oferta de emprego público 2019.

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 588/2021, do 11.06.2021, aprobou a convocatoria e Bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de técnico/a de xestión económica e Tesouraría, funcionario de carreira, mediante o sistema de concurso – oposición. A Resolución da Alcaldía nº 792/2021, de data 07.07.2021, aprobou a corrección de erros das devanditas Bases, concretamente a Base Novena, apartados A) e B) e o Anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Publicado en teo.gal o 22 de xullo de 2021.