O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celso F. Sanmartín en Luou dentro do Festival Atlántica

Dentro da programación do Festiva Atlántica  o sábado 10 de xullo ás 20:30 h. na Mámoa de Luou Celso F. Sanmartín (Galicia) presenta Cando viaxou unha lingua de lume nun carro de herba seca?  Como contaconcontos, Celso F. Sanmartín caracterízase polo seu labor como recolledor e reinventor de historias e contos. O seu repertorio está composto por historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea que presenta nos seus espectáculos coma un verdadeiro tesouro, cheos de coidado, sentido e paixón pola oralidade, a comunicación e a lingua. 

A actividade está dirixido a público adulto e para asistir hai que reservar entrada enviando un correo-e a entradascultura@teo.gal. 

Máis información sobre o Festival en Teo premendo aquí

 

Celso
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento