Preséntase o libro "As viaxes de tartaruga e formiga" en Bamonde

formiga Teo

O sábado 12 de xuño ás 19:00 horas preséntase o libro de contos As viaxes de tartaruga e formiga da autora Patricia Gallego. Será no campo da festa de Bamonde e no acto participan: a filóloga María Xosé Souto, o profesor e investigador Guillermo González, a profesora Ana Esmorís, a concelleira de Cultura de Teo Mayte Argibay e a propia autora. A entrada será libre ata completar aforo e prégase ao público que chegue 30 minutos antes. Pechará o acto a agrupación musical O Recobio.