O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Excursión das mulleres de Teo á Illa de Cortegada (Carril - Vilagarcía de Arousa), do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (PNIA). Preferencia para as mulleres empadroadas en Teo.
Sairemos da Casa do Concello ás 10 da mañá para dirixirnos ao porto de Carril, en Vilagarcía de Arousa. Tempo libre e a continuación visita guiada cun guía oficial a Carril e/ou Vilagarcía de Arousa.
Sobre as 14.00 – 14.30 h realizaremos o traslado en barco á Illa de Cortegada dende o porto de Carril. Será o tempo para xantar ao aire libre tendo en conta que non hai mesas nin bancos. Nesta illa non hai auga doce, nin bares/restaurantes.
Realizaremos un recorrido camiñando pola illa, de pouco máis de 2 quilómetros e moi doado de facer; co acompañamento de Guías Acreditados do PNIA. No caso de que o tempo o permita, será posible bañarse no mar.
A previsión é estar de volta en Teo sobre as 19.00 h.
PRAZO PARA ANOTARSE: do 16 ao 23 de setembro.
XANTAR: cada persoa deberá levar o seu xantar, xa que na illa non hai nin bares nin restaurantes.
IMPORTANTE: Trátase dunha illa do Parque Nacional das Illas Atlánticas e por este motivo é imprescindible que as persoas que se inscriban faciliten os seguintes datos co fin de solicitar a autorización de acceso: nome e apelidos, data de nacemento, DNI, enderezo postal, correo electrónico e teléfono de contacto.
Nos primeiros días da semana da saída enviaremos por correo electrónico a tódalas persoas inscritas información para ter en conta o día da excursión (avisos, horarios confirmados, etc.).
O Concello reserva o dereito de suspender a saída no caso de:
Non acadar o número mínimo de participantes
Condicións meteorolóxicas adversas