O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Cultivo ecolóxico de shiitake con experiencia de cociña ao vivo

Data e hora

Localización
Casa Comun de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
38
Inscribirse

Prazas por persoa
4

O Concello de Teo abre a programación das súas Xornadas Micolóxicas cunha experiencia que nos permitirá coñecer todo o proceso do shiitake, desde o cultivo ecolóxico en madeira de carballo ata as súas posibilidades na cociña.

Durante as dúas primeiras horas, o micólogo Miguel Tembra realizará unha demostración práctica sobre o cultivo de shiitake en troncos de carballo mediante a inoculación de micelio.

Coñeceremos como se preparan e inoculan os troncos, que condicións de humidade e conservación precisan, canto tempo tarda en aparecer a primeira produción e durante cantos anos pode producir cogomelos un mesmo tronco. Tamén aprenderemos os coidados básicos necesarios para desenvolver este cultivo de maneira sinxela e respectuosa co medio.

Experiencia de cociña ao vivo

Ao finalizar a demostración, o chef Manuel Rey, de Onde Keiras, elaborará en directo unha proposta culinaria con shiitake que as persoas participantes poderán degustar.

Unha proposta para descubrir o fascinante mundo dos cogomelos desde unha dobre perspectiva: o cultivo ecolóxico e a gastronomía.

Observacións
Alerxias e intolerancias alimentarias
O prato elaborado durante a experiencia de cociña ao vivo non levará ingredientes con glute nin lactosa.
As persoas con enfermidade celíaca, alerxias ou intolerancias alimentarias deberán indicalo no campo «Observacións» da plataforma de inscrición, especificando claramente os alimentos ou substancias que deben evitar. Esta información é necesaria para valorar as condicións de manipulación e o posible risco de contaminación cruzada.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A RESERVA
As actividades son de balde, pero teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non podes acudir, é imprescindible avisar con antelación escribindo a turismo@teo.gal ou ao número de whatsApp de TeoTurismo +34 698 18 68 91
⚠️ A cancelación debe realizarse exclusivamente neste enderezo e/ou no número móbil corporativo facilitado
Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático de confirmación (nonresponder@teo.gal).
As persoas que non comuniquen a súa ausencia:
📌 Na primeira ocasión, pasarán á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
📌 Nunha segunda ocasión, non poderán formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e colaboración de todas as persoas participantes para garantir un acceso xusto ás experiencias.
Inscribirse
shitake

Outros eventos por vir