O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A Cabra Montesina de Erea Mora na Biblioteca do Grilo

Data e hora

Localización
Biblioteca do Grilo-Cacheiras
Como chegar

Prazas dispoñibles
25
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Unha nai decide preparar un cocido galego para ela e para as súas fillas, ao xeito de antes, como o facían as avoas. Pero faltan ingredientes e, cando as nenas teñen que ir buscalos á horta, atopan no camiño á cabra montesina, que marcará o rumbo da aventura. A interacción constante cos nenos e nenas e unha escenografía suxestiva, converte esta narración nunha experiencia dinámica e próxima. 

Este actividade forma parte do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas Ler Conta Moito, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

  • Biblioteca do Grilo-Cacheiras
  • 18.00 horas
  • Público infantil (de 3 a 6 anos)
  • Entrada de balde previa inscrición en https://www.teo.gal/actividades/
Inscribirse
a cabra Montesina na Biblioteca do Grilo

Outros eventos por vir