O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ruta Apego "Coñecendo a flora do Ulla"

Ruta Apego "Coñecendo a flora do Ulla"
Impartido por Tino Quintela, educador ambiental

Sábado 17 de abril, desde as 11.30 h

Lugar: Ruta Apego Pontevea - Burga de Xermeade

 

A natureza agroma co espertar da primavera. A ruta Apego da ponte de Pontevea á Burga de Xermeade é un paseo calmo á beira do río Ulla que nos permite ver e identificar infinitas plantas, cun cheiro magnífico e un colorido espectacular nesta época. A lingua permítenos chamalas polo seu nome, aínda que moitas teñen nomes diversos que mostran a riqueza do noso idioma. Unha ruta para pasear en familia ao aire libre.

Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos.

Prazas limitadas a un máximo de 3 membros por  familia, agás familias numerosas, de balde con inscrición previa.

Estableceranse 4 quendas en grupos de 6 persoas como máximo, cunha duración de 30’/quenda. Inscricións a partir do 5 de abril, por orde de entrada, enviando o nome completo das persoas asistentes e DNI, no caso de telo, ao enderezo-e lingua@teo.gal


 

Ruta Apego
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento