O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Experiencia sostible en familia
Quen vive no río Ulla? Que seres se agochan nas súas augas, nas súas beiras e entre a vexetación? Que ameazas poñen en risco este ecosistema?
Nesta aventura compartida, grandes e pequenos percorreremos a contorna do Xirimbao para descubrir, a través do xogo e da observación, algúns dos habitantes do río Ulla e os segredos do seu hábitat.
Ao longo dun percorrido circular de menos de 2 km, as familias converteranse nas verdadeiras protagonistas da experiencia. A través de dinámicas lúdicas, retos e materiais de apoio, coñeceremos mellor a biodiversidade do río, descubriremos algunhas das ameazas que dificultan a supervivencia das especies e aprenderemos por que cada pequeno xesto conta á hora de coidar e respectar o noso patrimonio natural.
Unha experiencia para explorar, xogar e aprender en familia, nun dos espazos naturais máis especiais de Teo.
A actividade está dirixida a familias con crianzas a partir de 6 anos. As persoas menores deberán participar acompañadas dunha persoa adulta.