O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Cartas en azul: unha instalación de afectos

Data e hora

Localización
Casa Común de Oza (Ribas)

Prazas dispoñibles
16
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Nesta actividade proponse crear unha instalación colectiva de colaxes e cartas escritas por mulleres dirixidas ás amigas, nais, avoas, curmás, mestras, veciñas, escritoras, artistas... 

A proposta inspírase no espírito de Circe ou o pracer do azul, obra de Begoña Caamaño, evocando un espazo íntimo, sensorial e creativo onde a palabra e a imaxe se entrelazan para celebrar a rede afectiva entre mulleres.

O acto de escribir cartas convértese así nun xesto de memoria, resistencia e coidados, en diálogo coa obra e coa figura de Begoña Caamaño, que sempre puxo no centro as voces das mulleres e os vínculos que nos sosteñen.

 

Inscribirse
cartel

Outros eventos por vir