O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Achegamos a última andaina de Voces que Camiñan, pechando así un ciclo de rutas agradables e necesarias entre as mulleres para ter ese momento de desconexión e falar de temas diversos.
Neste caso, abrirase un espazo seguro para reflexionar arredor do pracer como parte dunha vida digna. Farase cuestionando aprendizaxes patriarcais e poñendo no centro o autocoidado, os límites, o consentimento e a autonomía nos vínculos sexoafectivos.
Un espazo para camiñar, compartir experiencias e reivindicar o dereito a vivir desde o respecto, a liberdade e o desfrute.
Haberá servizo de canguraxe dispoñible para facilitar a participación das mulleres que o precisen.