O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu esta mañá ao cantante teense, Mondra, para pechar a súa futura actuación no Concello. Será o vindeiro sábado, 27 de xuño, na explanada da Casa Común de Oza.
Esta cita musical celebrarase con motivo dos actos programados polo Concello polo Día Internacional do Orgullo LGBT, que se conmemora cada 28 de xuño. Neste senso, a alcaldesa agradeceu a súa dispoñibilidade e salientou que o concerto marca un fito importante no municipio, apostando polo talento local e tratando de proxectar, máis se cabe, a figura deste cantante con moito futuro.
O concerto será de balde e pretende congregar a grandes e pequenos, festexando a nosa cultura e identidade a través das cancións do segundo traballo de Mondra: “De Ronda”, que recolle a tradición oral galega coa súa retranca.
Martín Mondragón, coñecido artisticamente como Mondra, debutou en 2023 co seu primeiro álbum debut “Arden”, co que obtivo o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024 e o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por “Marimondra”. En maio de 2025 lanzou o seu segundo traballo, De Ronda, que combina voces, sintetizadores e percusión tradicional nunha posta en escena visual e sofisticada.
