O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Anuncio persoal eventual. Decembro 2020.

Publícase o anuncio do persoal eventual do Concello de Teo. Decembro 2020.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 104 bis.5 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tal como se deu conta ao Pleno da Corporación na sesión celebrada o 30 de decembro de 2020, por medio do presente anuncio faise público que o número de postos de traballo reservados no Concello de Teo ao persoal eventual é un: xefa de gabinete e comunicación.

O citado anuncio publícase no BOP número 9 do 15 de xaneiro de 2021. Consulta aquí o anuncio publicado no BOP. 

Publicado en teo.gal o 15 de xaneiro de 2021. 

Arquivos