O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Con motivo do Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, o Concello organiza a "Foliada das Letras" onde varias asociacións teenses participarán para poñer en valor a nosa cultura, a nosa música e a nosa identidade, nunha xornada de música e baile para o desfrute de toda a veciñanza. Actuarán:
Asociación Cultural A Ponte Vella
Sociedade Recreativa San Xoán de Calo
Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras
Asociación Cultural O Tileiro
Pandeireteiras Cruceiro de Monte
Será este domingo, a partir das 18.00 horas, na praza da Estivada da Ribeira, en Cacheiras (fronte á antiga cafetería Che2).
Ademais de música e baile, haberá cantina a cargo da Comisión de Festas de Cacheiras, con prezos populares para o desfrute dos veciños e veciñas.