O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Reforestación das marxes da autovía AG-59 con 5.000 exemplares de árbores frondosas e autóctonas

| compartir:

A Xunta reforesta as marxes da autovía AG-59 con 5.000 exemplares de árbores frondosas e autóctonas, no marco da Estratexia de Estradas Verdes. A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañou á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, nos traballos de plantación, que xa suman ata o momento 3.000 exemplares e que contan cun orzamento de máis de 375.000 euros.

Esta iniciativa da Xunta, que se executa en colaboración coa Consellería do Medio Rural a través de Seaga, busca acadar estradas máis verdes e sostibles. A través desta estratexia elimínanse das marxes especies invasoras e pirófitas, e abórdase a plantación de frondosas e autóctonas, que permiten non só a mellora paisaxística, senón tamén avanzar no compromiso medioambiental. Neste senso, as 5.000 árbores que se plantarán permitirán a absorción de ata 250 toneladas de CO2 nos vindeiros 35 anos.

A actuación na AG-59 desenvólvese ao longo de 8km de estrada, cunha superficie de intervención de 40 hectáreas, e incluíu a eliminación de especies invasoras e pirófitas, como poden ser mimosas ou eucaliptos, para a súa substitución coa plantación de especies como abeleiros, bidueiros, freixos, castiñeiros, carballos e pradairos, ademais de plantas trepadoras e rastreiras, como hedras e vincas.

Unha vez finalizada a plantación, o horizonte temporal previsto despois para os traballos de conservación e mantemento é de 4 a 5 anos.

foto