O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Inscrición pechada
Este ano, a nosa excursión de mulleres co gallo do 8 de marzo levaranos a coñecer Baiona; a nosa cita será o vindeiro domingo 19 de abril e a hora prevista de saída é ás 08:30. Antes de chegar a Baiona, faremos unha parada na Fortaleza O Castro, onde nunha visita guiada, coñeceremos esta fantástica fortaleza construída no século XVII para a defensa contra Portugal. A nosa seguinte parada será no Castro de Toralla que é un xacemento da Idade de Ferro (século V a. C.) cunha formidable muralla e un barrio extramuros. Destaca pola súa localización estratéxica para o comercio marítimo cos cartaxineses e a súa posterior ocupación romana, incluíndo os restos dunha vila e necrópole romanas tardías.
Unha vez rematadas a visita, iremos a comer á Taberna do Abrente en Baiona para despois facer unha visita guiada pola vila de Baiona, É unha histórica vila pesqueira famosa por ser o primeiro porto de Europa en recibir novas do Descubrimento de América en 1493. Destaca polo seu casco antigo, a Fortaleza de Monterreal (agora Parador), a réplica da carabela Pinta e as súas praias, celebrando a súa festa máis famosa, a Arribada, cada 1 de marzo. Remataremos a nosa visita coñecendo a Carabela a Pinta.
Sobre ás 20.00 h iniciaremos o regreso para Teo
A inscripción comezará o vindeiro martes 7 de abril ás 09:00 da mañán e as prazas se ocuparán por orde de inscripción na web teo.gal
Animádevos!!!