O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Información pública cesión de parcela a VIPUGAL para a construción de vivendas de promoción pública

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 25 de marzo de 2026, acordou aprobar inicialmente a cesión gratuíta á Sociedade de Vivenda Pública de Galiciada parcela integrada no Patrimonio Municipal do Concello de Teo, que se detalla a continuación:

  • Finca Zona C1-B-D-A-C2-E, sita no lugar da Ramallosa, parroquia de Lucí.

  • Paraxe: Ramallosa

  • Código Postal: 15883

  • Superficie: 3.526,01 metros cadrados

Sométese o expediente a información pública, mediante publicación de anuncio no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello, polo prazo de 20 días, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, a fin de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que estimen pertinentes.

No caso de que non se presentara ningunha alegación, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, facéndose así publico no BOP da Coruña.

O expediente atópase a disposición das persoas interesadas no departamento de Secretaría do Concello de Teo, de luns a venres, en horario de 08:00 a 15:00 hs.

Poderase ampliar información no documento que se anexa.

Arquivos