O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 25 de marzo de 2026, acordou aprobar inicialmente a cesión gratuíta á Sociedade de Vivenda Pública de Galiciada parcela integrada no Patrimonio Municipal do Concello de Teo, que se detalla a continuación:
Finca Zona C1-B-D-A-C2-E, sita no lugar da Ramallosa, parroquia de Lucí.
Paraxe: Ramallosa
Código Postal: 15883
Superficie: 3.526,01 metros cadrados
Sométese o expediente a información pública, mediante publicación de anuncio no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello, polo prazo de 20 días, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, a fin de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que estimen pertinentes.
No caso de que non se presentara ningunha alegación, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, facéndose así publico no BOP da Coruña.
O expediente atópase a disposición das persoas interesadas no departamento de Secretaría do Concello de Teo, de luns a venres, en horario de 08:00 a 15:00 hs.
Poderase ampliar información no documento que se anexa
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| Anuncio información pública. Cesion VIPUGAL.pdf | 128.29 KB |