O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Certificado da resolución de adquisición de dereito de superficie expediente: Casa reitoral de Bamonde

Publícase o certificado da resolución de adquisición do dereito de superficie da Casa Reitoral de Bamonde. 

Consulta aquí o certificado completo. 

Publicado en teo.gal 4 de decembro de 2020. 

Publícase a resolución de aprobación de expediente de dereito de superficie (Casa reitoral de Bamonde e finca). Expediente: 2020/G003/001096

Primeiro.- Aprobar o Prego de condicións, do 13 de novembro de 2020, que rexerán a adquisición directa, a título oneroso, dun dereito de superficie polo Concello de Teo, sobre as parcelas rexistrais que se describen no presente, que son a casa reitoral descrita (finca 35658), de 430 m2 (1), e a finca sobre a que se asenta a mesma (finca 7481), de 1300 m2 (2), polo prezo anual de 2.305,72 €, durante trinta e cinco anos. 

Segundo.- Aprobar a valoración do dereito de superficie, segundo a cláusula primeira do Convenio e o informe da Tesourería municipal, do 25 de agosto de 2020, polo importe citado de 2.305,72 € anuais, sen prexuízo do establecido na cláusula 2 do prego de condicións en relación á revisión do prezo.

Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, tendo en conta que o gasto correspondente, que ascende a 2.305,72 €/ano, segundo a valoración recollida no punto anterior, queda suxeito á condición suspensiva de existencia de crédito, axeitado e suficiente, en cada exercicio económico.

Cuarto.- Invitar ao propietario para ver se está interesado na constitución a título oneroso dun dereito de superficie e se acepta as condicións polas que se formalizará a adquisición do citado dereito.

Quinto.- Dar conta ao Pleno na vindeira sesión ordinaria que celebre.

Consulta aquí a resolución completa. 

Publicado en teo.gal o 26 de novembro de 2020.