O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Anuncio de aprobación inicial da modificación do regulamento de funcionamento dos programas de conciliación do Concello de Teo

O anuncio de  aprobación inicial da modificación do regulamento de funcionamento dos programas de conciliación do Concello de Teo publícase no BOP número 176 do mércores 21 de outubro.

Consulta aquí o anuncio publicado no BOP

Publicado en teo.gal o 21 de outubro de 2020

Publícase o anuncio de aprobación inicial da modificación do regulamento de funcionamento dos programas de conciliación do Concello de Teo.

O Pleno do concello, na sesión extraordinaria do 14/10/2020, aprobou inicialmente a modificación do Regulamento de funcionamento dos programas de conciliación do Concello de Teo.

Podes consultar aquí a modificación aprobada

Dando cumprimento ao disposto no artigo 49.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, procédese á súa exposición pública mediante a publicación de anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de edictos e na páxina web municipal durante trinta (30) días, a contar dende a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e formular as reclamacións que estimen oportunas.
De non formularse reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.

Publicado en teo.gal o 15 de outubro de 2020.