CANCELADA: Ruta en familia na procura de cogomelos

Cogomelos

Actividade cancelada!

En Teo saímos ao monte no Outono con Apego!

Será unha saída de campo en familia para aprender a identificar e apañar diferentes especies de cogomelos, e servirá para coñecer as características das diferentes variedades que existen pola zona, así como para aprender a nomealos, xa que a lingua é moi rica á hora de designalos. De balde con inscrición previa enviando un correo-e co nome completo das persoas participantes e DNI, no caso de telo ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal.