O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Ruta en autobús por lugares vinculados a Rosalía de Castro nos concellos de: Teo, Ames e Brión durante a mañá e Padrón pola tarde.
A xornada comezará en Luou, a carón da figueira de Rosalía, cunha visita guiada pola contorna onde a guía explicará a vinculación da escritora con este concello.
A seguinte parada será en Ortoño (Ames), onde está a casa na que ela pasou os seus primeiros anos de vida.
Logo de tomar un café, paseniño, paseniño... a ruta seguirá cara Bastavales (Brión) para visitar o sitio onde Rosalía tivo residencia esporádica aos pés da famosa igrexa coas campás que inspiraron o seu poema, Campanas de Bastavales.
O itinerario continuará cara Padrón onde haberá tempo para comer, de maneira libre, entre as 14.00 e as 16.00 h.
A tarde comezará aos pés da Estatua de Rosalía no Espolón onde a guía explicará a relación de Rosalía cos diferentes lugares de Padrón. Continuando pola rúa onde estaba a outra casa na que a escritora pasou parte da súa infancia, e rematando no Xardín Botánico Artístico.
A xornada remata na Casa de Rosalía, casa onde morreu e hoxe convertida en Museo.
Algunha que outra sorpresa durante o día fará que as persoas asistentes conecten coa ialma de Rosalía.
O café da mañá e a comida do medio día non están incluídos.