O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O veciño de Cacheiras, Xoán Curiel, presenta un concerto en formato íntimo no que ofrece un repertorio con temas de tódolos seus traballos discográficos, xunto con temas inéditos, nun directo adaptado ao espazo.
No concerto participará tamén o alumnado de guitarra das Escolas Culturais do Concello de Teo, sumándose á proposta para darlle un carácter especial e comunitario.
Con máis de 20 anos de traxectoria este cantante, músico e compositor, conta con sete traballos discográficos públicados e recoñecementos e premios musicais tanto galegos como estatais. Nos últimos anos presentou no Festival de Almagro o seu último disco, realizando xiras por España, Portugal e Italia en espazos como o Museo de Arte Moderno (Roma), o Salão Nobre de Braga ou o Festival Internacional de Poesía Alda Merini (Como) entre outros.
Entrada libre ata completar aforo