O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Peter Punk en Bamonde

O domingo 13 ás 19:30 horas no campo da festa de Bamonde teremos o espectáculo Chungo que te cagas de Peter Punk Pallaso. 

En Chungo ke te cagas atopamos cun personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no que a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. 

O acceso é libre e non é preciso reservar entrada. 

Cultura con seguridade 

A programación da actividade está adaptada ás normativas en vigor da Covid-19 e supeditada a posibles cambios. 

peter punk
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento