O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publicación no BOE sobre obriga de xestión de biomasa (propietarios/as descoñecidos/as)

O BOE núm. 221, do luns 17 de agosto publica o anuncio en procedemento de comunicación para recordar o deber de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, para persoas descoñecidas.

Unha vez realizada publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado compútse o prazo de quince (15) días para o cumprimento da obriga sinalada, xa indicada no DOG núm. 156.

Publicado en teo.gal o 17 de agosto de 2020. 

O DOG número 156 do mércores 5 de agosto publica o anuncio do Concello de Teo de notificación ás persoas responsables, descoñecidas, da comunicación para lembrar a obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Consulta aquí o anuncio completo coa listaxe das fincas afectadas pola notificación

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, por medio do presente anuncio comunícase a obriga legal de proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, no seu caso, a retirada de especies arbóreas prohibidas, nas parcelas que se detallan no presente anuncio, ás persoas que resulten responsables conforme os artigos 22.1 e 21.ter da citada lei.

Advírtese que, no caso de persistencia no incumprimento, poderase proceder á execución subsididaria con repercusión dos costes de xestión da biomasa e, no seu caso, decomiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. Segundo o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, o presente anuncio deberá publicarse no DOG e no BOE, computándose o prazo de quince (15) días para o cumprimento da obriga sinalada desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Publicado en teo.gal o 5 de agosto de 2020. 

Arquivos
Adjunto Tamaño
AnuncioL182-200720-0001_gl.pdf 479.96 KB
BOE xestión biomasa.pdf 313.86 KB