O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Esta actividade está pensada para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, para que reflexionen sobre o uso de xoguetes non sexistas e descubran xogos nos que todos e todas poidan participar en igualdade. A través de dinámicas, visibilizaranse os estereotipos asociados aos xoguetes e actividades e promoverase un ambiente inclusivo onde cada quen poida xogar ao que queira.
A metodoloxía didáctica que se empregará combina a participación activa (“Learning by doing”), a reflexión crítica e a aprendizaxe cooperativa e significativa conectada a realidade. O obxectivo é que as nenas e os nenos comprendan, de forma lúdica, inclusiva e non sexista, o valor dos xoguetes non sexistas e a importancia de xogos de patio igualitarios. Búscase fomentar un ambiente libre de estereotipos e prexuízos onde a rapazada poida explorar e elixir libremente sen estar influenciados polos estereotipos tradicionais de xénero nos xoguetes e nos xogos de patio.
A duración da actividade é de 50 minutos.
Será Venres 19 de decembro ás 17h na Casa común de Rarís para rapazadra entre 6-12 anos.
Imprescindible acudir cun adulto.