O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Baremación e proposta de contratación na convocatoria de traballador/a social por acumulación de tarefas

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Publícase o resultado da baremación e proposta de contratación na convocatoria para ocupar un posto de traballador/a social por acumulación de tarefas.

Reunido o tribunal para a contratación laboral – temporal de por concurso, dunha persoa para ocupar un posto de traballador/a social por acumulación, para o Concello de Teo, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concello) POS+ADICIONAL 1/2020 da Deputación Provincial da Coruña, para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19 con cargo á parte de superávit de operacións non financeiras (SONF) 2019 da devandita Deputación (BOP nº 66, do 5 de maio de 2020), e realizadas as valoracións dos méritos presentados, publícase o resultado da baremación.

Podes consultar aquí a baremación dos/as aspirantes.

En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal propón á alcaldía a contratación de ZAS CASTRO, MARÍA MANUELA para ocupar un posto de traballador/a social por acumulación, para o Concello de Teo.

Publicado en teo.gal o 31 de xullo de 2020.

Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso convocado para a contratación por acumulación de tarefas dun/dunha traballador/a social para o Concello de Teo.

Consulta aquí a listaxe definitiva 

Tamén se convoca aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 30 de xullo de 2020, ás 08:30 horas, na Casa Consistorial, ao efecto de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.

Publicado en teo.gal o 28 de xullo de 2020. 

Publícase unha corrección erros da lista provisional para a cobertura de traballador/a social por acumulación tarefas. 

Vista a Resolución da Alcaldía de 21 de xullo de 2020 (nº 647/2020), pola que se aproban as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas para a contratación por acumulación de tarefas dun/ha traballador/a social para o Concello de Teo.
Sendo que se detectou un erro nas devanditas listas provisionais no apartado relativo ás persoas admitidas provisionalmente, ao figurar incluídas na mesma persoas que presentaron a documentación requirida para participar no proceso fóra do prazo concedido nas bases reguladoras.

Tendo en conta que o artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas establece que as Administracións Públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.
En virtude do exposto e no uso das facultades que me confire o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e demais normativa aplicable, RESÓLVESE:

  1. Corrixir á lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, recollida na Resolución desta Alcaldía de 21 de xullo de 2020 (nº 647/2020), quedando a mesma segundo podes consultar premendo aquí
  2. De conformidade co previsto na base cuarta das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dous (2) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na
    páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixisen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentar
    reclamacións ou correccións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. O prazo para reclamacións esténdese aos días 24 e 27 de xullo de 2020. 

Publicado en teo.gal o 23 de xullo de 2020. 

Vista a resolución da Alcaldía de 19 de xuño de 2020 (nº 548/2020), pola que se aproban as bases para a selección dun/dunha traballador/a social por acumulación de tarefas a través dunha oferta dirixida ao Servizo Público de Emprego de Galicia. 

Vista a resolución da Alcaldía de 3 de xullo de 2020 (nº 620/2020) pola que se rectifica ex artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as anteditas Bases. Considerando que expirou o prazo de presentación de instancias para participar no devandito proceso de selección. En virtude do exposto e no uso das facultades que me confire o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e demais normativa aplicable, RESOLVO:

  1.  Aprobar a seguinte lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Consulta premendo aquí a listaxe provisional. 
  2. De conformidade co previsto na base cuarta das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dous (2) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na
    páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixisen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou correccións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. O prazo para reclamacións esténdese aos días 22 e 23 de xullo.

Consulta aquí a resolución completa. 

Publicado en teo.gal o 21 de xullo de 2020.