O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Contacontos para celebrar o Dia da diversidade sexual

A Concellaría de Igualdade programa un contacontos para celebrar o Día da diversidade sexual. Será un contacontos familiar con Caxoto: Planeta LGTBIQ o sábado 27 de xuño ás 18:00 horas no espazo de convivencia de Teo, diante da antiga escola de Francos. A previsión é realizar a actividade ao aire libre. Se o tempo non acompaña faríase dentro da escola con control de aforo e con recomendación de uso de mascarilla.

contacontos
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia