O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Rematadas as melloras na envolvente da Casa do Concello que contaron cunha achega da Xunta

| compartir:

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, supervisou esta mañá o resultado das obras de reparación da envolvente exterior da Casa Consistorial. As ditas obras foron realizadas co apoio da Xunta, a través da orde de Infraestruturas de uso público, por importe de máis de 32.000 euros.

A obra centrouse na envolvente térmica do edificio, incluíndo a cuberta, os balcóns e os cerramentos de fachada. As principais actuacións a realizar foron a restauración e pintado dos revestimentos da planta alta, asegurando a súa impermeabilidade e resistencia, a rehabilitación das xuntas dos sillares de granito na planta baixa, garantindo a estanqueidade da envolvente, o selado das albardillas perimetrais para evitar filtracións de auga, a eliminación de manchas por escorrentías e aplicación de tratamentos protectores nos paramentos exteriores e a mellora dos solados e acabados dos balcóns para evitar filtracións.

Con esta intervención conseguíuse corrixir as deficiencias nos revestimentos exteriores para garantir a súa durabilidade e resistencia ás condicións meteorolóxicas, mellorouse a imaxe exterior do edificio, potenciando o seu carácter institucional e a súa integración na contorna e evítanse novas filtracións de auga que poidan deteriorar a estrutura do inmoble e afectar á súa funcionalidade.



 

foto