O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Taller en liña sobre a sexualidade dende o botrato

O CIM programa un taller en liña sobre a Sexualidade dende o botrato. Será unha sesión en liña o 16 de xuño de 18:00 a 20:00 horas, a través da plataforma Zoom. Neste obradoiro búscase acadar un replantexamento de mitos e crenzas que teñen presenza ao longo das diferentes etapas vitais e inflúen na nosa forma de vivirnos como mulleres. Neste punto, "fomentarase o autocoñecemento, aceptación e experiencia plena e satisfactoria da propia sexualidade" explican dende o CIM. Esta sesión vai dirixida ás mulleres de Teo e nela tratarase de adquirir ferramentas para unha vivencia positiva, informada e diversa da sexualidade.

Esta actividade é de balde pero é preciso anotarse. Para inscribirse ou pedir máis información hai que chamar ao número do CIM: 981.938.475 ou enviar un correo electrónico a cim@teo.gal.

Máis información sobre as actividades da Concellaría de Igualdade no mes de xuño premendo aquí

botrato
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento