O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Cata comentada dos viños da D.O. Rías Baixas - Subzona Ribeira do Ulla

Data e hora

Localización
Carballeira de Francos
Recinto Feiral
Praza Cultural do San Martiño
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
4

A subzona Ribeira do Ulla podería considerarse a irmá pequena da Denominación de Orixe Rías Baixas, non por extensión, xa que é unha das máis grandes e a única que alcanza localizacións na provincia da Coruña, se non por ser a última en incorporarse á Denominación de Orixe no ano 2000. Estendéndose máis aló da provincia de Pontevedra, Ribeira do Ulla acolle os seguintes municipios: Boqueixón, A Estrada, Padrón, Silleda, Teo, Touro, Viladecruces e Vedra. https://doriasbaixas.com/subzona-ribeira-do-ulla-el-norte-en-las-rias-baixas/

Nesta cata comentada, da man de David Jové González, fundador de Vinodelicia.com e Lugardelvino A Estrada, catador, apaixonado viticultor e experto na industria vinícola, propoñémosche catar viños como o fan os expertos, descubrir sensacións dos nosos viños da subzona Ribeira do Ulla dunha forma curiosa e divertida que che achegará aínda máis a este marabilloso mundo do viño tan preto de tí e que talvez descoñecías.

Viños participantes:

  • Caralludo (Adega Mar de Envero)
  • Pazo Vedoira (Adega Pazo Vedoira)
  • Alargo Barrica (Adega Gómez e Rial)
  • Lixeles (Lixeles)
  • Folía de Chaos (Adega Chaos)
  • Gundián (Adega Valdés)

Colaboran: Exaltación do Viño da Ulla – Concello de Vedra, adegas participantes.

Observacións
Solicítase chegar á porta da carpa con dez minutos de antelación do comezo da actividade.
Recomendacións: gozar descubrindo novos sabores e pasando un intre agradable nunha degustación de viños moi novos.
Listaxe de agarda
cata comentada

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego