O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

TEATRO. O MUNDO AO REVÉS

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

O mundo avanza a un ritmo cada vez máis rápido, o cal, dis que é bo. Pero nesta comedia reflíctese que, ás veces, certos progresos resultan difíciles de entender. Esta obra mostra o asombro e o desacordo ante certas inxustizas que hoxe en día normalizamos. 

Matilde leva toda a súa vida traballando, malia os seus problemas de saúde, servindo con lealdade ao alcalde e súa dona, aos que admira. Pero de súpeto, entra nas súas vidas, mellor dito, na súa casa, unha persoa que de traballar entende pouco. A súa presenza vai cambialo todo ata o punto que, despois de asistir a esta representación, pensaremos que o mundo está ao revés.

 

Día: domingo 2 de novembro

Hora: 19:00 horas

Lugar: Auditorio Constante Liste

 

Non é necesario facer a reserva de praza. O acceso será libre ata completar aforo.

o mundo reves

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego