O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A separación entre a medicina e a cosmética responde a intereses que pouco teñen que ver coa beleza ou a saúde. As plantas medicinais utilizáronse tradicionalmente para eliminar a caspa, para tratar o acne, para manter a pel limpa e purificada, para regular o cheiro corporal... A cosmética convencional naceu rodeada de ingredientes sospeitosos para a saúde (derivados do petróleo, parabenos...), moitos dos cales se retiran do mercado co paso do tempo cando se demostran as súas consecuencias nocivas sobre a saúde ou o entorno. Reflexionaremos sobre estas cuestións, aprenderemos a ler etiquetas e diferenciar produtos naturais dos que non son, aínda que a publicidade pretenda convencernos do contrario.
As persoas interesadas en coidar a sua saúde e a do medio ambiente cada vez mais se preocupan por coñecer a composición dos produtos que utilizan para a hixiene e o cuidado do corpo, aprender a identificar ingredientes nocivos e procurar alternativas saudables. Con estas inquedanzas, a cosmética elaborada por nós mesmas e con plantas do noso entorno, aparece como a alternativa mais segura, ecolóxica e económica.
Uns coñecementos básicos permitirannos desfrutar de cosméticos frescos, con materias primas de km 0, manipuladas minimamente para que conserven todas as súas propiedades. A maxia da alquimia nas nosas cociñas! Devagar, como se fan as boas cousas, a
maneira mais gozosa de vivir a cosmética slow, como é coñecida internacionalmente.
Neste obradoiro traballaremos con:
Ceratos: As cremas mais antigas da historia.
Plantas do entorno como ingredientes cosméticos. Elaboración e tipos de extraccións. Aceites e
tinturas medicinais.
Teoría das emulsións. Emulsionantes naturais.
Elaboración dunha crema facial e un cerato a partir de aceites medicinais de lavanda e calendula.
Animádevos a participar!!!