O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Lucía Calvo de la Uz

Lucía Calvo de la Uz

 Lucía Calvo de La Uz (1974).

Graduada en Ciencia Política e da Administración.

A súa experiencia laboral discorreu fundamentalmente na Administración Pública, aínda que tamén conta con experiencia laboral na empresa privada. Traballou no Gabinete da Presidencia da Xunta de Galicia (1995-2005), pasando a xestión da empresa privada (2006-2009), en 2009 volve a función pública, concretamente ao Gabinete da Presidencia do Parlamento de Galicia (2009-2023).

En 2019 foi concelleira electa polo grupo municipal do Partido Popular de Teo. En 2021 foi vicepresidenta do Comité organizador do Congreso Autonómico do Partido Popular de Galicia en Pontevedra, é membro da directiva provincial e da executiva do Partido Popular da Coruña. En 2023 foi elixida alcaldesa de Teo. Vogal do Consello Territorial  da Propiedade Inmobiliaria.

A alcaldesa xestiona directamente as áreas de facenda, urbanismo, persoal e novas tecnoloxías.