O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
CONVOCATORIA DAS AXUDAS
Obxecto da convocatoria.
O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Teo para a concesión de bolsas de estudo para os gastos de material escolar, ( poden incluírse como material escolar, instrumentos musicais solicitados polos centros ), libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos.
Destinatarios/as e requisitos.
Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:
-PRIMARIA E 2º CICLO INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, Calo e CRA).
-ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña e alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de ESO que non exista nos centros anteriores.
-FP OU PCPI: calquera centro público galego.
-BACHARELATO: IES de Cacheiras , IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores.
-UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega.
-ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES:Calquera centro galego.
-O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de ensino de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.
b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base sexta da presente convocatoria.
c) Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente economicamente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente economicamente. Consideraranse fillos dependentes economicamente os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2024.
d) Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2025/2026 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO).
e) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
f) As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores, e no caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios.
g) Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte os estudantes dos centros situados fóra da área de transporte metropolitano de Santiago.
Alumnado de:
a. Formación Profesional .
b. PCPI.
c. Universitarios.
d. Alumnado de Bacharelato.
e. Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.
h) Alumnado de Necesidades Educativas Especiais (NEE) que pola súa situación teña como acreditar que non pode empregar transporte metropolitano.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
a) A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (dispoñible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
b) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| PUBLICACIÓN AXUDAS ENSINO E TRANSPORTE BOP 17-10-2025.pdf | 160.14 KB |