O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Asfaltada a estrada que conecta co campo de fútbol municipal A Cañoteira, en Cacheiras

| compartir:

O Concello de Teo, a través dun convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, rematou a obra de afirmado e acondicionamento do viario municipal que dá acceso ao campo de fútbol A Cañoteira, na parroquia de Cacheiras. O importe desta actuación, subvencionado ao 100% polo Goberno galego, superou os 48.000 euros.

Cabe salientar que esta estrada estaba en moi malas condicións, debido á falta de mantemento dos últimos anos, ao alto tráfico de vehículos diarios que discorren por esta vía e ás propias inclemencias meteorolóxicas. Ademais, detectáronse varias fugas de auga acontecidas na rede soterrada de abastecemento que provocaron afundimentos e fochancas en distintas zonas localizadas, o que tamén alterou de forma considerable a propia rasante da estrada.

Con todo, o proxecto de mellora consistiu na limpeza da gabias e mellora da capa de rodaxe, mediante o asfaltado dun tramo de lonxitude total duns 470 metros, con anchuras variables, e unha superficie aglomerada de 3.828 metros cadrados. Tamén se procedeu ao recrecido de 27 tapas de rexistro e imbornais existentes ata a cota final de acabado, así como á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas e bordos e colocación de sinais. 

Con esta obra, mellorouse considerablemente as condicións de seguridade da vía, para viandantes e para o tráfico rodado, acadando uns accesos cómodos, funcionais e axeitados para os usuarios. A propia alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, xunto co arquitecto municipal, achegouse ata a zona para supervisar o resultado das obras, quedando moi conforme co resultado acadado. 

foto