O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo técnico de Deportes, Luisito, inaugurou esta mañá os dous campos de fútbol anexos ao Juan Amado, en Pontevea, para que os xogadores e xogadoras do fútbol base deste equipo teense poidan entrenar e xogar en boas condicións.
Así, o Consistorio procedeu a rehabilitar esta infraestrutura, que pasou de ser un campo de terra a ser un de herba natural. Ambos campos, están conectados ás instalacións do Juan Amado, para que a rapazada poida tamén facer uso das mesmas.
A rexedora aproveitou para agradecerlle aos presentes o seu compromiso co fútbol base e sinalou que o Concello é consciente das necesidades de todos os clubs de fútbol de Teo, sabendo que hai que mellorar moitos aspectos pero que se vai paseniñamente.