Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, en Teo queremos ter presente este día o vindeiro sábado, 11 de outubro. Para iso, o Concello programa unha serie de actividades, entre elas este obradoiro sobre transformación e conservación de produtos agrarios.
A actividade terá unha duración aproximada de dúas horas.
A través desta actividade búscase ofrecer unhas nocións básicas sobre as
diferentes maneiras de conservar os alimentos, ademais de abordar cuestións importantes como a seguridade
alimentaria e a hixiene, mediante o ensino de diversas técnicas de esterilización.
Ao longo das dúas horas de duración, tamén haberá unha parte práctica, centrada na propia preparación de conservas, onde predominará o pemento como protagonista. Neste senso, faranse diversas conservas (pemento encurtido, pemento agridulce, pemento asado, en escabeche, xarope e marmelos).