O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

CONVOCATORIA E BASES PARA A PRAZA DE ADMINISTRATIVA/O - ÁREA URBANISMO. 

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES. PRAZA DE ADMINISTRATIVA/O - ÁREA URBANISMO

O BOE  número 265 do 04 de novembro de 2025 publica o anuncio referente á provisión dunha praza de administrativa/o, funcionaria/o de carreira, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.

Podes consultar o anuncio completo do BOE premendo aquí (enlace ao anuncio).

A publicación no BOE abre o prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado. Deste xeito, o prazo de presentación de solicitudes vai do 05 de novembro ao 03 de decembro de 2025. 

Podes descargar a instancia que está anexa. 

As bases completas da convocatoria podes consultalas premendo aquí.

Publicado en teo.gal o 04 de  novembro de 2025.


--- x ---

CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO SELECTIVO DUNHA (1) PRAZA DE ADMINISTRATIVA/O

ANUNCIO NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA

O DOG número 206 (INSERTAR ENLACE) do venres 24 de outubro de 2025 publica o anuncio da convocatoria e das bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionaria/o de carreira, dunha praza de administrativa/o correspondente á oferta de emprego público de 2025.

A Resolución da Alcaldía núm. 1151/2025, do 24 de setembro, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a provisión, por funcionaria/o de carreira, dunha praza de administrativa/o correspondente á oferta de emprego público de 2025, coas seguintes características:

  • Denominación da praza: administrativa/o

  • Réxime: funcionaria/o de carreira

  • Escala: Administración xeral

  • Subescala: administrativa

  • Área: Urbanismo

  • Grupo/subgrupo: C1

  • Nivel: 22

  • Sistema selectivo: oposición

  • Quenda de acceso: libre

  • Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. 
 

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 188, do 2 de outubro de 2025, publicáronse integramente as bases da convocatoria. (INSERTAR ENLACE)

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Publicado en teo.gal o 24 de outubro de 2025. 

-- x --

O BOP número 188,  do 2 de outubro de 2025 publica o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionario/a de carreira, dunha (1) praza de administrativa/o, Área de Urbanismo, correspondente á oferta de emprego público 2025.

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1151/2025, de 24 de setembro, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime funcionarial, pola quenda de acceso libre, dunha (1) praza de administrativa/o, Área de Urbanismo , mediante o sistema de oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio da devandita Resolución no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Arquivos