O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Aberto o prazo de inscrición na escola de tecnificación que imparte o RC Celta en Teo

| compartir:

Xa vos podedes anotar na escola de tecnificación que imparte durante o curso 25/26 o Real Club Celta de Vigo, no campo Juan Amado de Pontevea. Esta formación está pensada para nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, federados nalgún club de fútbol e que desexan mellorar as súas habilidades técnicas e psicomotrices. 

A través destes entrenos búscase alcanzar un mellor rendemento futbolístico mediante o desenvolvemento de contidos técnicos planificados anualmente, tanto ofensivos como defensivos. 

O inicio das clases será o vindeiro 2 de outubro e entrenarase todos os xoves. As categorías de prebenxamín e benxamín farano de 17.45 h a 18.55 horas da tarde, mentres que as categorías de alevín e infantil o farán en horario de 19.05 h a 20.15 horas. 

Para máis información, aquí: https://rccelta.es/fundacion/formacion/escuelas-nacionales/


 


 

cartel