O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escape Room para a mocidade

A actividade dirixida á mocidade en febreiro será unha “Escape Room” sobre O Legado de Verne, que terá lugar na Casa Común de Oza o día 15, de 19:30 a 21:30 horas. A actividade é de balde e para participar o único requisito é ter entre 12 e 16 anos e ganas de pasalo ben.

A escape está inspirada na vida e obra de Verne. As persoas participantes terán que empregar os inventos e a tecnoloxía do gran xenio francés para descifrar os misterios do seu legado e así salvar a humanidade dun gran asteroide que se aproxima.

As inscricións pódense realizar enviando un correo electrónico a mocidade@teo.gal indicando o nome completo e a parada de bus solicitada se precisa servizo de transporte.

mocidade
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento