O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES PROVISIONAIS DE
SOLICITUDES ADMITIDAS PARA O DIVERTEO DE SETEMBRO 2025
1. A adxudicación de pazas está identificada do seguinte xeito:
1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/25. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. 1010/25-1).
1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/25. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. RT1010/25-1).
2. O período de pagamento é do 31 de xullo ao 8 de agosto.
Desde o Concello remitirase por correo electrónico o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento ten varias opcións:
Realizar o pago de forma presencial en ABANCA( ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático).
En caso de ser cliente de Abanca, tamén pode realizar o pago na banca electrónica da propia Abanca no apartado de pago de recibos.
Ou ben pagar a través da Oficina virtual tributaria ( https://ovtteo.dacoruna.gal/ga/) no apartado de “pagar” o que lle dirixirá a pasarela de pagos de Abanca. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para o pago, en caso de non ser cliente de Abanca, deberá marcar o apartado "mediante a pasarela de Ceca".
3. A listaxe definitiva será publicada o 19 de agosto na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
4. A listaxe de agarda confeccionase tendo en conta a prioridade das crianzas censadas no concello de Teo e a orde de inscrición. De producirse baixas ou a non matrícula de xeito correcto dalgunha persoa inicialmente admitida, poderanse completar as prazas vacantes coa orde no que están inscritas as crianzas neste listado de agarda. Para isto, comunicaráselle de xeito inmediato mediante chamada telefónica, e abrindo un prazo especial de 3 días para formalizar a matrícula. As baixas ou non matriculacións que se produzan con menos de tres días hábiles do comezo da actividade só se cubrirán con crianzas que teñan solicitado o mesmo centro no que se produciu a baixa.
---
PARTICIPANTES:
Crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo e por orde de inscrición.
HORARIO:
Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas.
Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas.
LUGAR:
CEIP da Ramallosa e MEDIATECA dos Tilos
IMPORTANTE: O Concello resérvase o dereito de realizar as actividades en dous centros e incluso en un único, se despois do prazo de inscrición, non se chega á ratio mínima de participantes nalgún destes.
DATAS: do 1 ao 5 de setembro (5 días).
INSCRICIÓN: do 16 ao 27 de xullo.
documentación obrigatoria para todas as solicitudes:
Folla de inscrición.
Foto tamaño carné da crianza.
Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.
Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada (de ser o caso).
Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda a custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).
documentación obrigatoria para acceder ás bonificacións:
Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).
Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
Xustificación do acollemento (de ser o caso).
Declaracións da renda do exercicio 2024 ou certificado negativo relativo da obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.
LISTAXE PROVISIONAL: 31 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
identificación das participantes nas listaxes:
No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/25. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. 1010/25-1).
No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/25. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. RT1010/25-1).
PAGAMENTO: do 31 de xullo ata o 8 de agosto.
Remitirase polo Concello, a través de correo electrónico, o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento ten varias opcións:
Realizar o pago de forma presencial en ABANCA( ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático).
En caso de ser cliente de Abanca, tamén pode realizar o pago na banca electrónica da propia Abanca no apartado de pago de recibos.
Ou ben pagar a través da Oficina virtual tributaria ( https://ovtteo.dacoruna.gal/ga/) no apartado de “pagar” o que lle dirixirá a pasarela de pagos de Abanca. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para o pago, en caso de non ser cliente de Abanca, deberá marcar o apartado "mediante a pasarela de Ceca".
LISTAXE DEFINITIVA: 19 de agosto na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
PREZO DIARIO:
Cada programa págase completo, NON por días soltos.
A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8,50 € diarios.
A utilización do servizo completo sen xantar serán 5,50 € ao día.
A utilización do servizo, sen comedor (só atención educativa), será de 5,00 € por día.
A utilización do servizo completo serán 9,00 € por día.
EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS:
As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021).
IMPORTANTE:
NO CASO DE NON REALIZAR A INSCRICIÓN E O PAGAMENTO NO TEMPO E NA FORMA ESTABLECIDOS,
A RESERVA DE PRAZA NON SERÁ EFECTIVA.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| FICHA INSCRICION DIVERTEO setembro 2025.pdf | 160.29 KB |
| LISTAXE PROVISIONAL DIVERTEO SETEMBRO 2025 TILOS.pdf | 62.71 KB |
| LISTAXE PROVISIONAL DIVERTEO SETEMBRO 2025 RAMALLOSA.pdf | 67.06 KB |
| LISTAXE DEFINITIVA DIVERTEO SETEMBRO 2025 TILOS.pdf | 47.54 KB |
| LISTAXE DEFINITIVA DIVERTEO SETEMBRO 2025 RAMALLOSA.pdf | 48.92 KB |