O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Modificación Puntual Non Substancial nº4 do PXOM de Teo

Publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio da aprobación inicial da modificación puntual non substancial nº 4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal. 

Así, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública (artigo 207.2.d) do RLSG).

O expediente completo estará á disposición das persoas interesadas no Departamento de Urbanismo do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.


 

 

 

Arquivos
Adjunto Tamaño
AnuncioL182-130525-0001_gl.pdf 336.37 KB