O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Obradoiro Arteterapia no Xirimbao: facemos un maio, con Latexos de Turismo
Sábado, 26 de abril ás 11.00 h no Refuxio de Pesca do Xirimbao
A través do xogo e cos recursos da arte, neste obradoiro traballaranse as emocións, a través dun conto no que as protagonistas serán as sequoias do Xirimbao, árbores senlleiras que están neste lugar.
A continuación traballaremos con arxila e crearemos, de maneira libre e coas mans, figuras inspiradas nos maios, utilizando elementos naturais desta época do ano.
Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos.
Prazas limitadas a 30 persoas, de balde con inscrición previa.
Inscricións a través de https://teo.gal/actividades.