O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Aprobación provisional da modificación da ordenanza reguladora de prezo público por realización de actividades culturais e deportivas

Téndose aprobado provisionalmente a 4ª modificación da Ordenanza Reguladora do Prezo Público por realización de actividades culturais e deportivas , mediante acordo do Pleno da Corporación de data 09/10/2019, e, dando cumprimento ó disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local, procédese á súa exposición pública no Taboleiro de Anuncios desta Entidade, durante trinta días a contar dende a súa publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, có fin de que os interesados poidan examinar o expediente e formular as reclamacións que estimen oportunas.

O citado anuncio publicouse no BOP número 197 do mércores 16/10/2019