O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello de Teo retoma as xornadas formativas «Educar en familia», unha iniciativa posta en marcha a través do Servizo de Prevención de condutas adictivas dos municipios de Teo, Boqueixón e Touro, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia. Nesta ocasión, a sesión tratará sobre «Benestar emocional» e nela a psicóloga Adriana Rodríguez compartirá unha charla coas familias, ás que ofrecerá unha serie de pautas para promover o benestar emocional na familia.
A sesión terá lugar o martes 11 de marzo, ás 17:30 horas, no Auditorio Municipal. A charla está dirixida a pais/nais con crianzas en infantil, primaria ou secundaria, sendo a asistencia totalmente de balde. Porén, é preciso anotarse previamente a través do mail educarenfamiliaconcellos@gmail.com. No correo deben achegarse estes datos: nome e apelidos, teléfono, curso e idade dos fillos ou fillas.
Ademais, durante a charla haberá servizo de canguraxe. Para solicitalo deberá engadilo no propio email de inscrición.